17:30
XORNADAS PARA A COMUNICACIÓN

XORNADAS PARA A COMUNICACIÓN

DA INTUICIÓN AO DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO E A INNOVACIÓN
Convivimos con avances científicos e tecnolóxicos que xorden, con frecuencia e en curtos espazos de tempo, como nunca ocorreran na historia da humanidade, que conviven e se aplican con outras
innovacións que xurdiron e se aplicaron grazas á intuición daqueles que querían obter unha funcionalidade para satisfacer unha necesidade; hoxe, poden ser susceptibles de estudo desde diferentes
enfoques como son o etnográfico, o científico e o tecnolóxico.

Poñente: José Enrique Ares. Catedrático da ETSII da UVigo na área de Enxeñería de Procesos de Fabricación.
Data e hora: mércores 13 de xullo ás 17:30 h.

ANCESTROS TECNOLÓXICOS INVISIBLES: ALGÚNS EXEMPLOS
A exposición “Ancestros Tecnolóxicos” constitúe un catalizador para recuperar parte do noso pasado inmediato en áreas próximas e cotiás. Por un lado, elementos tecnolóxicos cuxa evolución adoita
non ser prezada e, por outro, solucións técnicas ancestrais que continúan a ser eficaces. O principal obxectivo da conferencia é traer á consciencia colectiva este aparente paradoxo a través de
exemplos emblemáticos e promover a reflexión e o debate.

Poñente: Miguel Ángel Sebastián. Catedrático de Enxeñería de Construción e Fabricación da ETS de enxeñeiros industriais da UNED na área de coñecemento de Proxectos de Enxeñería.
Data e hora: venres 15 de xullo ás 12:00 h.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android