10:00 hasta las 20:00
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo para o outono

Programación de actividades no Museo Liste de Vigo para o outono

O Museo Etnográfico Liste de Vigo presenta a súa nova programación de actividades para o cuarto trimestre de 2025, de outubro a decembro.

O programa inclúe información sobre:

As exposicións temporais "Queridos obxectos: nostalxia e sedución" e "Iconografía do Nadal".

As actividades cíclicas, que desta banda corresponden coas celebracións e rituais máis importantes desta época: "Samaín: chegan as almiñas" e "Nadal: tempas e bispiños".

Os obradoiros especiais: "Os sons do traballo", "Mariano Marcos Abalo: a vida debuxada", "Enigma" e "Dende as lentes de Castelao"

Por outra banda, hai propostas de percorridos alternativos e os obradoiros "emerxentes". Trátase de que o museo, como lugar de encontro e creador de experiencias que propician a interactividade, traballa con grupos, guiados por educadoras, para mergullarse no tema suxerido a través da contemplación, a manipulación, a construción, a comparativa e a reflexión. As propostas son as seguintes: "A emoción, un atallo da memoria", "Entre culturas: a miña maleta, novos comezos" e "Sororidade: irmás máxicas de fío e agulla".

A información completa, cos contidos e os horarios, pódese consultar nesta ligazón do Museo Liste

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=150905
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android