O Museo Etnográfico Liste de Vigo presenta a súa nova programación de actividades para o primeiro trimestre de 2026, de xaneiro a marzo.
O programa inclúe información sobre:
As exposicións temporais "Iconografía do Nadal", e a celebración do Entroido con "Ao entroidar, no só máscaras has de levar" e "Identidade/Outredade: a cultura enmascarada", máis aló da celebración.
Las actividades cíclicas, que desta banda corresponden coas celebracións e rituais máis importantes desta época: "Entroido vigués: 20 años da volta dos merdeiros", con parte teórica, expositiva e práctica.
As actividades especiais: "Os sons do traballo", "Un día na vida de Xan e Maruxa" e "Misión imposible", ademais das de "Enigma" e "Dende as lentes de Castelao".
Por outra banda, hai propostas de percorridos alternativos e os obradoiros "emerxentes". Trátase de que o museo, como lugar de encontro e creador de experiencias que propician a interactividade, traballa con grupos, guiados por educadoras, para mergullarse no tema suxerido a través da contemplación, a manipulación, a construción, a comparativa e a reflexión. As propostas son as seguintes: "A emoción, un atallo da memoria", "Entre culturas: a miña maleta, novos comezos" e "Sororidade: irmás máxicas de fío e agulla".
Tamén se propoñen dous concursos: o XIII Concurso fotográfico "No peirao" e o XIV concurso de relatos para nenas e nenos "Artigo-desexo".
A información completa, cos contidos e os horarios, pódese consultar nesta ligazón do Museo Liste.
Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=152578
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar