20:30 hasta las 22:30
The Partisan Seed (Portugal) | Ciclo EXPERIMENTA III

The Partisan Seed (Portugal) | Ciclo EXPERIMENTA III

Ciclo EXPERIMENTA III | The Partisan Seed (Portugal)

XOVES 21 DE XULLO – 20:30h. Exteriores do Museo Provincial

Entrada de balde, respectando o aforo: info@teleclube.com

Sobre THE PARTISAN SEED: (Portugal)

Filipe Miranda é compositor, músico, produtor e artista visual barcelense.
Comezou a súa carreira en solitario no 2005 baixo a denominación The Partisan Seed para enfatizar a mensaxe das letras na súa escrita persoal e libre. Os seus discos descobren un autorretrato profundo do compositor mediante un fluxo de cancións sinceiras e introspectivas. The Partisan Seed caracterízase polo seu estilo delicado de guitarra acústica, a súa conmovedora interpretación vocal e as improvisacións, como trance chamánico, en directo. Está considerado en Portugal como un dos compositores de cancións mais destacados da súa xeración.
Poderemos experimentar o seu directo, o xoves 21 de xullo ás 20:30h, inaugurando o Experimenta III, nos exteriores do Museo Provincial, no que escoitaremos algunha das súas primeiras composicións e, a bo seguro, tamén cancións do seu último traballo “Old Songs For a New Sun”, un disco grabado en plena pandemia e publicado o pasado 2021, confeccionado con cancións escritas ao longo dos anos e que ven a luz neste álbum.

+INFO: https://www.thepartisanseed.bandcamp.com 
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android