20:00 hasta las 20:00
Colección de arte ABRENTE (III)

Colección de arte ABRENTE (III)

A terceira parte da exposición Colección de Arte ABRENTE, chega ao Museo Etnolóxico. Con esta mostra composta por un total de 25 obras de autores coma Xosé Conde Corbal, Félix Cuadrado, José Manuel Vidal Souto, José Luis González Loureiro, Alberto Datas Panero, Mercedes Ruibal Argibay ou Isaac Díaz Pardo; a comisaria Sabela Fraga completa o conxunto de exposicións que visibiliza e homenaxea o labor do Grupo Abrente, unha agrupación que, centrada na colaboración entre artistas, escritores e intelectuais materializouse nunha colección plástica quen de reflectir as novas inquietudes artísticas da década dos 70 en Galicia.

A mostra permanecerá aberta de martes a sábado das 10:00 h ás 20:00 h (agás festivos), onde tamén está a venta o catálogo que recolle o traballo de investigación vinculado as tres exposicións da Colección de Arte do Grupo ABRENTE.

Para saber algo máis, pódese entrar nesta ligazón do Museo.

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=89692
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android