12:00
Presentación de 'Boundaries Road' de Cecilia F. Santomé
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Calendario
- Guardar evento Evento guardado
Presentación de 'Boundaries Road' de Cecilia F. Santomé O próximo sábado, 27 de xuño, terá lugar na librería a presentación de Boundaries Road, (XLIV Premio de Novela Blanco-Amor) de Cecilia F. Santomé. A autora estará acompañada de María Fernández. Sobre Boundaries Road (Xerais): Boundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres. Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado. Nesa casa fermosa, exótica e fascinante, todos eles serán felices ata que unha crise insospeitada estale. Anos despois, Cecilia volve a aqueles días movida pola memoria dun obxecto, pola forza da nostalxia. Cunha prosa sensorial e exuberante, «Boundaries Road» é unha novela sobre o baleiro e a alienación urbana, un estudo lúcido e lúdico sobre os lugares que ocupamos e nos ocupan, sobre as múltiples capas que agocha a pel humana.



