10:00 hasta las 10:00
Inspirar para crear

Inspirar para crear

O Museo de Belas Artes da Coruña organiza os obradoiros de verán, dirixidos a nenos e nenas de 6 a 12 anos e impartido pola artista Gosia Trebacz.

O obxectivo destes obradoiros é o desenvolvemento das infancias a través da súa experiencia e capacidade creadora. No obradoiro descubrirán distintas técnicas e incentivarán a súa curiosidade pola formación das distintas coleccións, aproveitando tamén as exposicións que alberga o Museo.

Este ano, partindo da exposición "Habana Mater 2003-2023" de Luis Gabú, viaxarán ao estranxeiro, coñecendo un pouco mellor a obra de artistas consagrados como Laxeiro, Luís Seoane e outros presentes na colección do Museo de Belas Artes da Coruña.

Destinatarios: nenos e nenas de 6 a 12 anos
Horario: de 10:00 a 14:00 horas
Datas: Martes a venres, do 7 de xullo ao 28 de agosto, nas seguintes quendas:

Semana 1, do 7 ao 10 de xullo

Semana 2, do 14 ao 17 de xullo

Semana 3, do 21 ao 24 de xullo

Semana 4, do 28 ao 31 de xullo

Semana 5, do 4 ao 7 de agosto

Semana 6, do 11 ao 14 de agosto

Semana 7, do 18 ao 21 de agosto

Semana 8, do 25 ao 28 de agosto

Para a inscrición e as condicións, ver nesta ligazón ao Museo

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=155549
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android