18:00
A biblioteca do Museo de Belas Artes
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Con motivo da celebración do Día do Libro, desde a Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña organízase unha visita guiada pola sala de lectura.
A biblioteca, especializada en arte, inclúe obras de referencia, manuais e catálogos de arte, publicacións periódicas nacionais e internacionais, catálogos de poxas e materiais especiais. Na visita explicarase a historia e evolución da biblioteca e das súas coleccións e os seus servizos.
A inscrición pode facerse nesta ligazón do museo
Fuente: https://museos.xunta.gal/gl/actividade/biblioteca-do-museo-belas-artes



