20:30
Estremonías da silva
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Calendario
- Guardar evento Evento guardado
A silva é un arbusto espiñento e gabeador que ocupa terreos abandonados e forma valados que coidan con fervor as heredades.
Ao seu abeiro créase un hábitat moi singular e unha terra fértil ideal para o cultivo. Resulta paradóxico que unha planta que produce tanta aversión regale uns froitos tan exuberantes e deliciosos... As amoras.
Cantos amores prenderon nunha silveira... Lines de Silva non é portuguesa nin do Brasil. É dunha aldea que se chama Sobrado. Disque non se dá ninguna importancia por iso. Tal é a súa dote para inventar historias que se gañou o alcume de 'Curuxa dos inxenios', en honor a Lope de Vega, creador de silvas.
A silva é unha estrofa poética precursora do verso libre. Tamén é unha escolma de escritos de temas diversos que aparentemente non gardan ninguna relación entre sí...
En Sobrado aconteceron sucesos estrafalarios. Moitos deles quedaron prendidos na raizame das silveiras agardando o momento de seren rescatados...
As amoras están cheas de tinta..
Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=155288



