08:00 hasta las 23:59
FESTAS DA SANTA RITA 2025

FESTAS DA SANTA RITA 2025

Os veciños e veciñas da localidade de O Barco de Valdeorras prepáranse para celebrar as súas festas patronais na honra a Santa Rita. As celebracións terán lugar dos días 22 ao 25 de maio. A programación para os días festivos sera a seguinte:

Xoves 22
Será o día grande das celebracións. Unha potente sesión de bombas de palenque anunciará o comezo das Festas de Santa Rita.

O día comeza cun pasarrúas a cargo da charanga Los Bercianos. As 12:00H terá lugar a procesión e misa na honra a Santa Rita.

Xa pola tarde, as 20:30H, a Orquestra Compostela amenizará, no Campo da Festa, o baile de tarde. E a 01:00H, verbena a cargo de Compostela.

Venres 23
O pasarrúas da Charanga Los Bercianos amenizará a mañán do segundo día de festa.

A partir das 19:00H, na Praia fluvial do Malecón, a compañia Fantoches Baj presenta Castelao, un corazón á intemperie (unha peza dirixida ao público infantil). Logo, as 20:30H, terá lugar, no Campo da festa, o baile de tarde amenizada polo grupo Alcazar. O cal, tamén amenizará a verbena a eso da 01:00H.

Sábado 24
A partir das 11:00H, comezará un pasarrúas a cargo da charanga Los Bercianos. Posteriormente, as 10:00H, da comezo o 5º Torneo de Voleibol en familia, no pavillón vello. A modalidade de torneo será en formato 4×4.

Anuncio publicitario

Ajustes de privacidad
En horario de tarde, no Polígono de A Raña, disputarase o XVII Gran Premio Vila do Barco de Tiro ó Prato. As 21:00H comenzará, no campo da festa, o pase de baile a cargo do Grupo Amércia S.L. As 01:30H, será a quenda da verbena amenizada polo devandito grupo.

Domingo 25
O día comeza cun pasarrúas polas ruas da vila.

Voltará de 10:00H a 14:00H e de 16:00H ata peche, o 17° Gran premio «Vila do Barco» de tiro ó prato no polígono de A Raña. Ademáis, de 10:00H a 14:00H, no pavillón de Calabagueiros, terá lugar a Concentración de Babybasket 2025, coa participación dos equipos de toda a provincia.

Xa pola tarde, as 20:30H, a Orquestra La Ola ADN amenizará, no Campo da Festa, o baile de tarde que porá «punto e final» as festas.

Recordamos que o día 26 de maio, no recinto feiral (pistas deportivas) haberá atraccións a prezos populares.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android