21:00
Hoxe si!
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Calendario
- Guardar evento Evento guardado
Hoxe é o día. Hoxe ela organizou unha gran festa para celebrar a vida, e onde facer realidade os seus … “soños pendentes por cumprir". Temos todo preparado, un triángulo por espazo de xogo, soños que soben, baixan e flotan no aire, temos un DJ, os temazos musicais da nosa vida, circo, ganas e moita actitude. Hoxe é o día de non deixalo para mañá.
Unha proposta desenfadada ambientada nos 80, unha invitación a xogar, a gozar, a soltarnos por un día, a vivir celebrando o momento presente.
Un espectáculo en linguaxe clown con acrobacia aérea, e sobre todo moito humor, no que con toques de nostalxia cómica, interactúase de maneira directa co público, convidándolle a ser partícipe desta festa do Hoxe si!
Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=155306



