22:30
Catuxa Salom en concerto

Catuxa Salom en concerto

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Catuxa Salom é unha artista galega de raíces arxentinas e unha das voces máis destacadas do movemento folk-electrónico do momento. En 2022 publica o seu disco revelación Nunha aldea, un EP de debut producido por Marcos Bayón en Prasat Bayon Studio, que reflicte en cada canción un universo sonoro que vai da música tradicional galega aos ritmos latinos. Un disco envolto por unha atmosfera tribal que convida ao baile e nos conecta co noso lado máis puro e salvaxe. De Aimogasta ás montañas de Lugo, Catuxa Salom crea un lugar onde o fogar e o amor pola natureza están moi presentes.

Neste concerto en formato trío, Catuxa Salom vai acompañada da súa LiveBand con Yudit Almeida ao contrabaixo e Lucía Cortiñas á percusión.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android