23:00
Rosario Flores

Rosario Flores

Cunha carreira musical de máis de 30 anos, Rosario é considerada unha das artistas máis importantes de España e de Latinoamérica. A súa voz, a súa potencia e a súa capacidade de transmitir emocións a través da música deixa en evidencia que é filla da gran Lola Flores.

A cantante mostra unha autenticidade fascinante sobre os escenarios deixando clara a súa paixón pola música. Caracterízase por un estilo musical é moi variado, desde o flamenco ata o pop, pasando polo rock e o jazz. A autora de grandes éxitos como O run run, algo contigo, Que bonito! ou Dharma, chega ao escenario de Baiona para emocionarnos e facernos vibrar cun directo único e emocionante.

A artista de orixe xitana foi galardoada con numerosos premios, entre os que destacan o Grammy Latino no ano 2002 e 2004, o Premio Ondas en 2008 e Latin Grammy en 2022.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android