20:00
Don Gelati

Don Gelati

Un brillante día de sol chega á praza da vila un vendedor de xeados, co seu carriño e con moitas ganas de sacarlles un sorriso á veciñanza. Mais o pobre Don Gelati sufrirá todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carro, que terá que arranxar con enxeño e cunha chea de maxia antes de que os seus xeados se derretan. Dani García constrúe, empregando a súa habitual destreza e cun entrañable personaxe, unha comedia máxica onde a expresión corporal substitúe ás palabras, e onde a comunicación co público é constante e dinámica. Un espectáculo de maxia de rúa, sinxelo e directo, con grande mobilidade, sen necesidades técnicas externas e practicamente sen límites para a fantasía.

Desde que en 2004 Dani García fundou a súa propia compañía co obxectivo de producir e interpretar os seus propios espectáculos, o prestixio do seu nome non deixou de medrar. Na actualidade e logo de máis dunha década de traballo, Dani García compaxina as actuacións en Galicia con estancias, funcións e formacións nos Estados Unidos, recollendo así os froitos da súa formación nas diversas ramas da interpretación e da escena, unha bagaxe que lle permite crear producións propias que son auténticas obras de teatro máxicas, onde todo ten un porqué e unha lóxica que fai do ilusionismo algo intanxible, pero próximo para o público. O seu recoñecemento déixase ver nos galardóns que ten recollido no Michigan Magic Day, o Close Up Contest IBM Rising de St. Louis ou o TAO M Texas.

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=155229
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android