20:00
O cine soa ben

O cine soa ben

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Dende 2013, Caspervek é un dos referentes europeos no panorama dos cine-concertos, destacando como unha das poucas bandas a nivel continental dedicadas exclusivamente á composición e interpretación en directo de películas mudas.

O grupo sempre apostou pola importancia de programas educativos específicos que acheguen o cinema antigo ás novas xeracións, ofrecéndolles a posibilidade de comprendelo e asimilalo nun contexto divertido e interactivo.

“O cine soa ben” é o buque insignia das actividades educativas de Caspervek. Un espectáculo do que xa gozaron máis de 5,000 nenos de toda España.

Unha actividade na que os cativos terán a oportunidade, non só de descubrir a maxia do cinema mudo e as marabillas da música cinematográfica, senón que tamén poderán subir ao escenario para musicalizar en vivo unha escena de cinema mudo co grupo, realizar unha actividade de percusión corporal sincronizada, ou vestirse como Charles Chaplin e interpretar en directo unha escena dunha película muda.

E por suposto, coñecer algunhas das máis divertidas curtametraxes das primeiras décadas do século XX coa música en directo de Caspervek.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android