18:00
Guerra Civil, presidio ou exilio (Tríptico)

Guerra Civil, presidio ou exilio (Tríptico)

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Caminero. O xeneral que intentou evitar unha guerra (2025) 14 min. VO galego

Pola aldea de San Ciprián de Hermisende (Zamora) pasou en xullo de 1936 o xeneral Juan García Gómez Caminero. Fora enviado polo Goberno da República para intentar evitar o levantamento dos cuarteis do Noroeste de España. Non conseguiu o obxectivo. Tivo que pasar a Portugal para volver a Madrid. Os veciños quedaron convencidos de que era un covarde que fuxía da "queima".

A menina que vía homes encadeados (2021) 11 min. VO galego

Entre 1940 e 1943, cando a Guerra Civil viña de rematar, en España os presos políticos contábanse por miles. Moitos deles foron traballadores forzados no sector das obras públicas para levantar novas infraestruturas ou para reconstruír as danadas polas bombas. Case trescentos presos políticos traballaron no túnel 19, entre Lubián e Requeixu. Eran presos que vivían nos barracóns dos Avesediños (Lubián, Zamora). Alí viunos, cos pés encadeados, Baldomina Montesinos Álvarez (Lubián, 1938). Aínda os ve, "coma se fose hoxe”.

Antonio Álvarez Blanco: dos guerras, dos países, dos mujeres (2023) 30 min. VO castelán

Antonio Álvarez Blanco, responsable de compresores e defensor dos dereitos dos traballadores nas obras do ferrocarril en Requeixu (Zamora), tivo que fuxir cando estalou a Guerra Civil, en 1936. Lonxe estaba de sospeitar as vexacións que habería de soportar Teresa, a súa muller, ou o altísimo prezo que tería que pagar polo seu compromiso social. Viuse obrigado a loitar en dúas guerras, a coñecer os campos de refuxiados en Portugal e Francia e a sufrir un campo de concentración en Alemaña. Tras a liberación, refixo a súa vida en Toulouse, Francia, porque “quería vivir nun país libre”. Alí viaxaron os seus tres fillos para coñecelo.

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=154928
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android