18:00
Un día con Peter Hujar

Un día con Peter Hujar

Peter Hujar foi unha figura clave da cultura neoiorquina dos anos setenta e oitenta, recoñecido sobre todo polas súas fotografías en branco e negro para marcas de moda e revistas e por retratar sen ambaxes a comunidade queer.

O cineasta independente Ira Sachs toma unha conversa de 1974 descuberta hai pouco, gravada pola súa amiga escritora Linda Rosenkrantz, e ficcionaliza a súa transcrición. A conversa encapsula en poucos minutos a escena artística do Nova York deses anos, trazando as dificultades dun tipo como Hujar para se abrir paso e ser comprendido na mesma.

Cunha minuciosa e elegante reconstrución de época, brilla Un día con Peter Hujar polos seus actores, que se entregan en corpo e alma á tarefa de encarnar ó fotógrafo e á escritora. Magníficos Ben Whishaw e Rebecca Hall.

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=154908
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android