19:30
Presentación de «Universo Cantigas»: 01 Cantigas de amor / 02 Cantigas de amigo
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Calendario
- Guardar evento Evento guardado
Para a presentación contaremos coa presenza das e dos autores, Manuel Ferreiro, (Mariña Arbor), Bieito Arias e Leticia Eirín.
Teremos tamén a actuación musical de Luparias.
O proxecto Universo Cantigas ten como obxectivo realizar a edición crítica dixital dos textos da lírica profana galego-portuguesa, continuando o traballo iniciado co Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa (2010-2015, agora xa integrado en UC). Actualmente, Universo Cantigas é desenvolvido ao abeiro do proxecto ministerial PID2022-137790NB-I00.
Após a edición, na fase I (2016-2018), da primeira sección da denominada «compilación xeral» galego-portuguesa, constituída fundamentalmente por cantigas de amor (textos 1-640), xa finalizou a fase II do proxecto (2019-2022), coa edición crítica da sección que contén a maioría das cantigas de amigo (textos 641-1.315). A fase III, a sección das cantigas de escarnio e de mal dizer (textos 1.316-1.683), realízase no período 2023-2026.
Universo Cantigas concíbese como unha empresa global que, progresivamente, colocará ao dispor do público, alén da edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa, todos os elementos pertinentes para o seu estudo.


