11:30
ExpresArte

ExpresArte

O Museo ofrece os OBRADOIROS CREATIVOS, obradoiros mensuais deseñados para que nenos e nenas de 6 a 12 anos exploren, creen e se divirtan mentres conectan co noso patrimonio.

Cada obradoiro é unha oportunidade para descubrir técnicas tradicionais, transmitir saberes ancestrais e valorar as nosas raíces a través da experimentación e o xogo.

DATAS E TEMÁTICAS:

-28 de febreiro: ExpresArte

Neste obradoiro explorarán a creatividade e a arte arredor do mundo do viño, tan emblemático na zona.

Actividade:

- Coñecemento do viño e da súa importancia cultural

- Creación artística en vidro

- Decoración libre con cores, texturas e inspiración na tradición vinícola

- Pequenos experimentos de combinación de cores e materiais

O resto dos obradoiros son:

-31 de xaneiro: Tinguidos naturais

-21 de marzo: Aluméame: os candís e as candeas

-18 de abril: Perfumes da natureza

-16 de maio: Cianotipia, as primeiras fotografías

Terán unha duración aproximada de 1h 30 minutos.

As prazas estarán limitadas a 15 participantes por obradoiro.

A inscrición é flexible, poidendo apuntarse a un ou varios obradoiros, segundo a disposición e interese. O prazo de inscrición pecha 3 días antes da data de cada obradoiro.

Para consultas:

reservas@xeitura.com

Fuente: https://museos.xunta.gal/gl/actividade/expresarte
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android