13:00
ORQUESTRA PANTASMA - CÉ ORQUESTRA PANTASMA
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Apoiándose na recuperación da figura do Home Orquestra, Cé Orquestra Pantasma convértese na fórmula perfecta para escapar do mundo por uns intres, deixándose levar, entregándose por completo á festa. Porque iso é o que son os seus espectáculos: unha gran festa chea de forza, ritmo e fantasía, onde o público deixa de ser público para se converter en protagonista. As posibilidades que ofrece Cé Orquestra Pantasma abranguen calquera celebración. O seu repertorio non coñece fin, e adáptase perfectamente ao público asistente, implicándoo en todo momento, de 0 a 99 anos . Un espectáculo para calquera espazo que dispón de amplificación propia!
Compañía/Artista: CÉ ORQUESTRA PANTASMA
Tipo de espectáculo: MÚSICA TRADICIONAL
Tipo de público: XERAL
Programa: Escena ao vivo
Video / Web
Fuente: https://redecultural.gal/events/orquestra-pantasma-3/


