22:00
Ikigai

Ikigai

Espectáculo de danza-circo 360º de medio formato, onde dous personaxes crean mundos de fantasía.

Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo, son os ingredientes dun espectáculo onde a maxia xorde do uso creativo dos elementos e a destreza comunicativa das interpretes co espectador.

Os conflitos, decisións e dificultades son parte da vida cotiá. Sempre depende do que nós facemos con eses conflitos e como os resolvemos para que cada momento se converta nunha agradable aventura. ¿Que te impulsa a seguir? ¿a erguerte cada dia como se fose novo? ¿Que fai que esperte o teu sorriso?

¿Cal é o teu Ikigai?

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=149009
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android