19:30
OLLOS CARA ADENTRO - IXA
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Ollos cara dentro é unha proposta escénica das bailarinas Xián Martínez e Elena Castellanos que traslada a concepción surrealista do soño a un espazo físico efémero onde a linguaxe predominante é o movemento. Un proxecto da compañía de danza iXa para espazos non convencionais.Tomando como punto de partida o universo do onírico, Ollos cara dentro pretende indagar na concepción surrealista do soño; ese lugar onde os límites da lóxica, a razón, a conciencia e mesmo as convencións do gusto rompen e permiten abrir unha porta entre o mundo interior e exterior de cada individuo.
Compañía/Artista: IXA
Tipo de espectáculo: DANZA - Danza contemporánea
Tipo de público: XERAL
Programa: Escena ao vivo
Video / Web
Fuente: https://redecultural.gal/events/ollos-cara-adentro/


