20:30 hasta las 21:30
"Retablo do Esperpento"
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Gratis
O II Certame de Teatro Amador do Concello de Arteixo ofrece a representación teatral da obra “RETABLO DO ESPERPENTO”, a cargo da compañía Noitebras Teatro.
Público: adulto. Esta recomendación non exclúe a menores de idade.
Nunha familia de meigas, unha moza resístese ás argucias da súa tía e da súa nai, que argallan para obter beneficio dos agasallos que un ricacho ofrece a cambio dos favores da virxe. Para reafirmarse na súa liberdade a moza déixase facer as beiras por un humilde afiador, pero unha noite de luarada, servíndose dos seus poderes de meiga, adiviña como sería o seu futuro e decide facer un lixeiro cambio de plans no seu destino a través dunha ligazón. Isto é, dun pacto de sangue.
Noitebras Teatro adéntrase no universo de Valle-Inclán e adapta dúas das súas obras: “Ligazón” e “Rosa de Papel”, incluídas no “Retablo da Luxuria, a Avaricia e a Morte”, fundíndoas nunha única peza teatral: “Retablo do Esperpento”.



