12:30
Contacontos miúdos: “Caer de cu polo universo”
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Polo Día Mundial da Astronomía, que se celebra o 29 de abril, leremos este conto de Estíbaliz Espinosa e Lucía Cobo. Coñeceremos a Pandora e viviremos con ela unha trepidante aventura polo universo, mentres aprendemos cousiñas sobre o mesmo. Preparados para atoparlle o cu ó universo? Agardámosvos!
O tempo restante, os participantes poderán ler, debuxar ou xogar no Espazo de Lecer.
Público: nados entre 2017 e 2022 inclusive.
Aforo: 15 persoas.
*Recoméndase inscrición previa a partir do luns 20 de abril (inclusive)
Espazo de Lecer
Fuente: https://ovellocarceredelugo.gal/mc-events/contacontos-miudos-caer-de-cu-polo-universo-2/



