N/D
Universidade Sénior da Costa da Morte 2026 en Zas

Universidade Sénior da Costa da Morte 2026 en Zas

O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para a 8ª edición da Universidade Sénior da Coruña na Costa da Morte, un programa universitario dirixido a persoas maiores de 50 anos que aposta por seguir aprendendo, compartir experiencia e facer comunidade arredor do coñecemento.

As sesións desenvolveranse durante os meses de febreiro e marzo no Centro Sociocultural de Baio e serán impartidas por profesorado da Universidade da Coruña (UDC). A formación estrutúrase en tres módulos: Humanidades e Ciencias Sociais, Ciencias da Terra e Tecnoloxía e Ciencias da Vida e da Saúde, cun enfoque variado e moi pegado aos intereses do alumnado.

A inscrición é totalmente gratuíta e estará aberta ata o 5 de febreiro. As clases serán de 17:00 a 19:00 h, dous días á semana. Pódese formalizar a inscrición online en https://universidadesenior.org/costa-da-morte/ ou de maneira presencial a través dos Axentes de Desenvolvemento Local dos concellos participantes.

Fuente: https://visitacostadamorte.com/gl/axenda/universidade-senior-da-costa-da-morte-2026-en-zas

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android