19:30
Letras Galegas 2026: Coloquio “Begoña Caamaño: Ler o mundo, escribir historias”
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Calendario
- Guardar evento Evento guardado
O Club Cultural Valle-Inclán rende homenaxe a Begoña Caamaño á que a Real Academia Galega lle dedica as Letras Galegas 2026. Para celebralo organiza un coloquio baixo o título “Begoña Caamaño: Ler o mundo, escribir historias” no que participarán Mª Xesús Nogueira, ensaísta e profesora da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, e Malores Villanueva, doutora en Filoloxía galega e profesora. Terá lugar no Salón de Actos da Deputación Provincial, o luns, 16 de marzo, ás 19:30 horas. Os asistentes recibirán o agasallo dun marcador de libros como recordo e honra a Begoña.



