12:00
Alba Cid, poeta, con Xose Miguélez ao saxo

Alba Cid, poeta, con Xose Miguélez ao saxo

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario

Capela do Santo Angel, R/Vila Real 6, Ourense


Entradas: 10€https://gratiaplenafestival.eventbrite.com

Entradas físicas: MUSICAL GONZALEZC/ Díaz de la Banda, 12B, Ourense, tel. 988 237209


ALBA CID derivas / poesía / improvisación

Alba Cid (Ourense, 1989) é poeta e investigadora. Atlas (Galaxia, 2019), o seu primeiro poemario, foi galardoado co Premio Nacional de Poesía Joven “Miguel Hernández” 2020 que concede o Ministerio de Cultura.
É coautora da plaquette A faia de Ponto. Le roi de la Galice e do Tesouro Espeleolóxico Galego (aCentral Folque, 2022); fai parte de proxectos interartísticos e ligados ao patrimonio inmaterial, coma Rupestre Sonoro.
Os seus poemas foron traducidos ao alemán, francés, grego, inglés ou neerlandés, e incluídos en Asymptote, Kenyon Review, Poem-a-Day (poets.org) ou Words Without Borders. Foi escritora residente da Künstlerhaus Villa Waldberta (Múnic) e da Residència Literària Finestres.
Atende a etimoloxías, historia natural e prácticas culturais diversas.
https://www.instagram.com/ollobasilisco/


XOSE MIGUÉLEZ (Ourense)

Saxofonista, formouse cun máster en jazz na Guildhall School of Music & Drama de Londres e obtivo a licenciatura en jazz na ESMAE de Porto. Desenvolve unha traxectoria centrada na creación musical, a improvisación e a docencia. É unha figura activa na escena do jazz e da música tradicional de Galicia.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android