12:00 hasta las 13:00
Anna Amigó, arpa e voz

Anna Amigó, arpa e voz

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario

ANNA AMIGÓ arpa / voz / composición


Capela do Santo Angel, R/Vila Real 6, Ourense

Entradas: 10€
https://gratiaplenafestival.eventbrite.com
Entradas físicas: MUSICAL GONZALEZ
C/ Díaz de la Banda, 12B, Ourense, tel. 988 237209


A música de Anna ten un amplo abanico de cores, ritmos e sons. Sang de Dona (en galego, Sangue de Muller) é o seu primeiro álbum en solitario. Anna mergullouse no cancioneiro catalán para presentar este traballo único, un conxunto de 12 cancións, seleccionadas coidadosamente e adaptadas aos nosos tempos. O título Sang de Dona e as outras disciplinas artísticas combinadas no álbum agochan temas intensos sobre mulleres e problemáticas que AÍNDA sofren hoxe en día. Ao escoitar o álbum un queda arrodeado dun aura coa que Anna preséntanos a estas protagonistas resilientes, para darlles vida e poder. Anna transforma dunha maneira maxistral as cancións tradicionais, sempre repetitivas, en novas melodías, cadros musicais modernos e unha forma de explicalas cheas de emoción, traxedia e tensión.

Musicalmente, tanto a brillante voz de Anna como a súa forma pouco convencional de tocar o arpa, ás veces tranquila e melódica, outras veces tumultuosa ou apoteósica, reforzan a trama e enchen as cancións de emoción. As atmosferas creadas acentúanse aínda máis mediante diversas técnicas no arpa, como o seu uso como instrumento de percusión ou imitando un baixo eléctrico.

Grazas á orixinalidade de Sang de Dona, á súa coidada produción e ao seu forte arraigamento no territorio e a historia popular, Anna Amigó sitúase firmemente no mapa da escena folclórica contemporánea.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android