A XXVII Festa do Bolo do Pote 2026 en Mazaricos celébrase os días 28 de febreiro e 1 de marzo, cunha fin de semana para sentar á mesa e gozar da tradición gastronómica do concello. Haberá propostas de cocido e bolos do pote en diferentes locais hostaleiros, co sabor de sempre e ese ambiente de festa que se vive mellor en compañía.
O 28 de febreiro haberá xantares e ceas (con reserva previa) nos distintos establecementos participantes. O 1 de marzo a festa arrinca ás 13:00 h con pasarrúas e concerto da Charanga Alambique e, despois, chega un dos momentos estrela: a degustación dos Bolos do Pote no Campo da Feira por 3 € (inclúe un prato de barro), ademais de máis degustacións e xantares nos locais.
Hai opción de menú de Bolos do Pote, cocido, postre, viño e café desde 30 € (recoméndase reservar con antelación). Locais de degustación: Bar Asador Manduca (981 852 095, A Picota), Restaurante Efe-Eme (981 852 078, A Picota), Restaurante Casa Jurjo (981 852 015, A Picota), Café Bar A De Paris (606 817 146, Corzón) e Restaurante Casa Pego (981 088 080, San Cosme). Organiza o Concello de Mazaricos.
Fuente: https://visitacostadamorte.com/gl/axenda/xxvii-festa-do-bolo-do-pote-2026-en-mazaricos
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar