O Entroido en Mazaricos 2026 vén cargado de cor e alegría cun Gran Festival Infantil de Disfraces pensado para que a rapazada viva unha tarde inesquecible. A cita é o sábado 14 de febreiro ás 17:00 h no Recinto Feiral da Picota, con ambiente festivo e agasallos para toda a cativada disfrazada.
Ademais do festival, haberá concurso de disfraces con premios nas categorías de individual, parella e comparsa (cun mínimo de 5 persoas). Completarán a tarde un parque de inchables, obradoiros de maquillaxe e máscaras e, para rematar como manda o Entroido, doces e chocolatada de balde para todas e todos. Organiza: Concello de Mazaricos.
Fuente: https://visitacostadamorte.com/gl/axenda/entroido-en-mazaricos-2026
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar