23:00 hasta las 04:00
THE NINETIES ROCK THE MACHINE (90s rock covers) + Jamie Fifthring (anticipada 8 €)
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
THE NINETIES ROCK THE MACHINE (90s rock covers) + Jamie Fifthring
Sábado 21 de Febreiro de 2026 ...
Apertura de portas: 23:00h .... Concerto 23:15 h.Entradas:
Anticipada 8€ - La Room, Café Sevilla e Metrópolis Comics -Taquilla 10€
Al terminar el concierto fiesta especial homenaje al histórico Pub INDIE con las pinchadas de Capi Smut y Pablo "Occy" IndieO vindeiro sábado 21 de Febreiro subiranse ao escenario da sala La Room o grupo The Nineties Rock the Machine, que ofrecerán un concerto no que nos levan directos aos anos 90, unha das décadas máis salvaxes, libres e creativas da historia do rock.
Chegan dende San Sadurniño, e ofrecerannos un directo poderoso, cargado de himnos xeracionais e actitude. Grunge, rock alternativo, punk rock e riffs incendiarios constrúen un espectáculo intenso e sen concesións. Todo un universo sonoro que marcou vidas e xeracións, recuperado con respecto pola esencia orixinal, contundencia escénica e unha entrega total sobre as táboas.
Jamie Fifthring será o artista convidado no concerto de The Nineties Rock The Machine en Ferrol cunha proposta moi especial: un concerto en formato acústico no que revisita algúns dos temas máis míticos dos anos 90.
O seu repertorio viaxa principalmente polo grunge, con versións cheas de carácter e personalidade, sen esquecer algunhas sorpresas fóra dese xénero que marcaron a década. Unha actuación íntima e única para abrir a noite coa esencia máis noventeira.



