5º Premio La Room de Música para BEA GARCÍA.
O sábado 7 Febreiro desde ás 22.30 h. e coa entrada 5 € .Ata agora dimos catro Premios La Room de Música:
1.-Alvaro Lamas ( Alvaro "Still Guitar")
2.- Xoán Rubia
3.- Rafa Pereira ( baixista de Nuevo Plan, Limones e e outros)
4.- A.C. Centolos FeneRockPois agora imos a entregarlle o noso 5º Premio La Room de Música, feito polo ferrolán Miguel Couce, a polifacética artista BEA GARCÍA: cantante de variados rexistros, actriz de moitos recursos, guionista, docente, animadora, bailarina ... Todas esas disciplinas artísticas as realiza a moi alto nivel, cunha maestría e solvencia propia das grandes estrelas.
Por todo ese bo facer artístico y pola súa multidisciplinar carreira , ten máis que merecido este 5º Premio la Room de MúsicaBEA GARCÍA.-
Oriúnda de Cedeira e ferrolá de adopción, empeza os seus estudos en canto e música na Coral Eixil e na escola municipal de música “Robaleira” de Cedeira.
Alí nace a súa paixón pola música e sobre todo polo canto. Na adolescencia únese ao grupo de teatro do instituto Punta Candieira e empeza a dar os seus primeiros pasos en interpretación.
Estas disciplinas levan a traballar primeiramente no grupo musical “Luar” co que empezará a dar os primeiros pasos como cantante solista por todo o territorio galego.Pouco despois marcha a traballar a Peñíscola como animadora turística. Isto lévaa a coñecer un oficio no que traballará 5 anos, pasando pola escola Bellamar de Marbella onde consegue o seu título de animación, estudando técnicas de comunicación, interpretación, idiomas e danza con grandes mestres como Jerry Van As (artista multidisciplinar e director do curso) ou Esperanza Galán (bailarina na Compañía de Danza Nacional con Antonio Gades).
Aquí descobre a súa paixón polos musicais e á súa volta a Galicia en 2012 monta o seu primeiro espectáculo que a dá a coñecer na comarca, “Tribute to Cabaret” co que percorre parte da xeografía galega e chega a representar máis de 200 funcións nos 10 anos de percorrido.
En 2013 comeza a súa formación como actriz na Escola de Teatro de Narón e en Rock School Coruña, completando a súa formación como actriz e cantante en ambas escolas nas que agora leva 8 anos como docente, dando clase de interpretación, voz e dicción, música e canto e teatro musical.
Pouco despois, en 2014, empeza a traballar na Garufa Blue Devils Big Band, banda afincada na Coruña con 18 instrumentistas e 4 vocalistas dirixida por Roberto Somoza e con 8 discos no mercado, coa que segue cantando actualmente e especialízase en números de Broadway.
Máis tarde xa acabando as súas formacións en 2016 escribe o seu primeiro musical xunto a Desiré Pillado, titulado Mangoreté que manteñen en activo a día de hoxe.
En 2019 empeza a súa colaboración como vocalista nos Hot Chocolates, banda de Hot Jazz e Dixieland tamén fincada na Coruña coa que grava o segundo disco da mesma e segue a día de hoxe cantando na formación.
En 2023 consegue o seu primeiro papel nun musical de gran formato, a Ópera Rock Vox Populi da compañía Malasombra e en 2024 participa no concurso de televisión “Recantos” dentro do programa Luar da CRTVG resultando a Gañadora da edición tras 10 meses de concurso.
A estas ocupacións súmanse proxectos máis pequenos que levou a cabo xunto a amigos músicos como “Por Motivos Persoais” co pianista Sergio Lorenzo; “Sous le ciel de Paris” co pianista Rupert Twine, “She´s gata Blues” con Daniel Agulló, Javier Montero e Luís Francesch ou “Dinner Show” xunto ao bailarín e coreógrafo Josema Planillo.
Actualmente atópase en proceso de composición do que será o seu novo proxecto “Reguana”
Non faltedes!! Grande BEA GARCÍA !!
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar