Talía teatro presenta un espectáculo deseñado especialmente para público infantil pero para desfrutar en familia, para divulgar e relembrar a arte de xogar.
Trátase dun espectáculo no que ser proporá recuperar ditos, retrousos, xogos de man,...toda unha relación de ditos populares centrados nestas pequenas rimas que perduraron xeración tras xeración e que se foron transmitindo de xeito oral.
Un espectáculo para incentivar o xogo, pero sobre todo incentivar as familias (nais, pais pero sobre todo avoas e avós) a furgar na súa memoria para recuperar e transmitir os seus xogos da infancia e o vocabulario que se empregaba.
Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=153193
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar