18:00
Mermelhada

Mermelhada

No país das fadas, onde todo é fermoso, marabilloso e fabuloso, vive unha pequena fada chamada Mermelhada. Mermelhada é un fada moi bondadosa e voa por alí e por alá buscando a ocasión de facer unha boa acción. Pero cada vez que quere facer o ben lle sae mal... Desencantada coa súa condición de fada, pide a unha anciá bruxa que lle ensine algúns segredos de sabedoría ancestral. Aínda que unha milenaria rivalidade enfronta fadas e bruxas, a anciá acepta. Aos poucos vai creándose un vínculo moi especial entre mestra e alumna. Xuntas enfrontaranse a desafíos e descubrirán onde reside o verdadeiro poder da maxia.
Monicreques, obxectos, sombras e outros recursos teatrais nunha tenra historia de feitizos, maxias e amizade. Unha historia que nos convida a ter outra mirada diferente dos contos de fadas.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android