Continuamos en A Coruña con esta actividade do "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS" que leva por título:
NON TEMOS AS RESPOSTAS, PERO ACEPTAMOS AS PREGUNTAS.
Espazo de diálogo sobre adopción e acollemento
A adopción e o acollemento familiar son dúas das mellores medidas de protección á infancia e na súa aplicación transfórmanse as nosas vidas e a das crianzas que transitan por elas. Pero, independentemente do momento no que te atopes, comezando un proceso ou cas crianzas dende fai moito tempo contigo, de seguro que hai unha ou varias preguntas sobre adopción ou acollemeno que tes na cabeciña e nunca te atreviches a formular en alto por vergoña, por inseguridade, por medo…
Pois agora é o momento!!!
Nesta actividade tentaremos crear un espazo seguro onde poder por sobre a mesa esas cuestións que nos rondan e que tanto nos custa por en palabras e procuraremos, con diferentes técnicas, buscarlles respostas entre todas. Ainda que, como di o título, pareza un imposible
DATA: 10/02/26
HORA: 18:00 a 20:00
LUGAR: Centro Cívico San Diego, Av. Alberto García Ferreiro, S/N, A CoruñaESPERÁMOSVOS!!!!
Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.
Lembrade que todos os 2º martes de cada mes estaremos en A Coruña.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas e acolledoras ou en espera de adopción ou acollemento, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo
Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar