Seguimos cas actividades do "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS" en A Coruña cun coloquio sobre:
Que temos e que queremos das actividades do PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS?
Levamos xa 10 anos poñendo en marcha o "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS e pensamos que é hora de analizar o feito e falar do que esperamos del para o 2026, e ninguén mellor que as persoas que vides as actividades para facelo.
- Son os espacios e os horarios axeitados?
- En que temas estamos interesadas?
- Que tipo de actividade e a mellor: obradoiro, charla, coloquio?
- Poderíamos montar un GAM (Grupo de Axuda Mutua)?Estas e todas as cuestións que se vos pasen pola cabeza poderémolas falar nesta actividade. Non o perdades, lembrade que: “Se queres ir rápido, camiña só; pero se queres chegar lonxe, camiña acompañado” (proverbio africano)
DATA: 13/01/26
HORA: 18:00 - 20:00
LUGAR: Centro Cívico San Diego, Av. Alberto García Ferreiro, S/N, A CoruñaComa sempre podedes convidar a quen queirades.
ESPERÁMOSVOS!!!!
Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.
Lembrade que todos os 2º martes de cada mes estaremos en A Coruña.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas e acolledoras ou en espera de adopción ou acollemento, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo
Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar