N/D
FESTA DO MELINDRE E DA REPOSTARÍA TRADICIONAL

FESTA DO MELINDRE E DA REPOSTARÍA TRADICIONAL

34 FESTA DO MELINDRE E DA REPOSTARÍA TRADICIONAL 2026

A Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide é a cita gastronómica máis importante da comarcade Melide e, tamén, unha das de maior proxección de toda Galicia desde que no ano 2013 fose declarada de Festa de Interese Turístico Galego. Celébrase cada ano a segunda fin de semana de maio, co fin de exaltar e poñer en valor os doces tradicionais melidenses. Falar de melindres, melindreiros e melindreiras é falar de gastronomía pero tamén de tradicións e de riqueza cultural.

Nos fornos tradicionais do corazón da vila amásanse cada día os melindres, ricos e amendoados que a converten en terra doce. Estes doces fanse notar na zona vella de Melide no momento da súa coción grazas ao seu delicioso aroma.

+INFO
https://festadomelindre.gal/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android