11:00 hasta las 19:00
FESTA DO MELINDRE E DA REPOSTARÍA TRADICIONAL 2025
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
FESTA DO MELINDRE E DA REPOSTARÍA TRADICIONAL Festa de Interese Turístico Galego +info https://festadomelindre.gal/ DESCOBRE A HISTORIA DA FESTA DO MELINDRE Melide ten a festa máis doce de Galicia, é máis: Melide sabe a doce. E a súa longa tradición reposteira así o corrobora. A pesar de que non existe rexistro escrito que indique desde cando se elaboran os melindres, ricos e amendoados, os primeiros melindreiros datan de comezos do século XX. Pero foi en 1992 cando se celebrou a primeira Festa do Melindre. Naceu co reto de poñer en valor e recuperar a forma tradicional de facer repostaría de Melide e a súa comarca, e de que tivese continuidade nas seguintes xeracións. Aínda que comezou co melindre como protagonista, nos últimos anos a homenaxe estendeuse aos Rico e os Amendoados. Os primeiros doces comezaron nas cociñas das casas particulares para despois trasladarse aos obradoiros artesáns. O melindre estivo sempre moi vinculado ás feiras, non hai que esquecer que Melide é Camiño de Santiago.



