11:00 hasta las 21:00
Mercadiño de Nadal 2025 | Barrio de San Antonio

Mercadiño de Nadal 2025 | Barrio de San Antonio

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
🎄 O sábado 20 de decembro celebraremos a 2ª edición do Mercadiño de Nadal do Barrio de San Antonio, un evento para gozar do Nadal en familia, no barrio e entre veciños/as ✨

Este ano contaremos de novo cun pequeno mercadiño, actuacións, actividades para todas as idades e unha carpa cuberta diante do CIS, onde se desenvolverá todo o programa.

☕ Teremos tamén un posto solidario de café e chocolate, coa colaboración de @cafescandelas e Panadería Ousá, e os beneficios recadados irán destinados á @contraelcancer.lugo

📣 Nos próximos días iremos anunciando o programa completo de actividades. Estade atentos/as!

✨Organiza:
Asociación de Veciños e Comerciantes do Barrio de San Antonio
✨Patrocina:
Xunta de Galicia
✨Colaboran:
Cafés Candelas
Panadería Ousá
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android