11:30 hasta las 19:30
Santiago - sábado 13 de decembro: “Raíces e ás: comprender(se) para acompañar”

Santiago - sábado 13 de decembro: “Raíces e ás: comprender(se) para acompañar”

Continuamos cas nosas actividades presenciáis, dentro do "Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas e acolledoras", con esta estupenda actividade que terá lugar no Centro Don Bosco en Santiago o vindeiro sábado 13 de decembro co título:

RAÍCES E ÁS: COMPRENDER(SE) PARA ACOMPAÑAR

No obradoiro “Raíces e ás: comprender(se) para acompañar” traballaremos o recoñecer e valorar a historia e a identidade de cada neno, ao mesmo tempo que ofreceremos ferramentas para acompañar o seu crecemento con confianza e autonomía. Convidaremos as familias acolledoras e adoptantes a reflexionar sobre as súas propias vivencias.

INSCRICIÓN OBRIGATORIA AQUÍ: https://forms.gle/3DtPdjbcTXPiRXWY7

A cargo de MARITXU AMENABARRO (1999, Guipúzcoa). Ela mesma viviu a experiencia de ser nena acollida, e desde aí comparte a súa mirada e compromiso. Tras estudar creación e deseño, desenvolveu contos e guías como “Non estou soa” e “Reparando o CDDT”, co obxectivo de visibilizar o acollemento familiar e ofrecer ferramentas que fortalezan os vínculos entre nenos e adultos acompañantes.

CHARLA:
11:30 a 14:00

XANTAR PICNIC
14:00 a 16:30
Como vén sendo habitual en MANAIA, faremos un Xantar/Picnic onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar (tendes que traer todo: o xantar, a bebida, o menaxe e, se vos apetece, o café).

OBRADOIRO:
16:30 a 19:30
O obradoiro propón un percorrido por catro momentos clave: actividades de reflexión e diálogo para identificar e valorar a historia de cada neno; exercicios de análise sobre supervivencia e autenticidade; creacións de arteterapia para conectar coas emocións propias; e un peche final no que cada participante compartirá o aprendido e sentido durante a sesión.

LUDOTECA
De 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:30
Servizo de ludoteca de balde, non esquezades solicitalo a traves do cuestionario de inscrición.

Actividade de balde aberta a todas as familias adoptivas e acolledoras ou en espera de adopción ou acollemento, sexan ou non socias de MANAIA.

𝗘𝗦𝗣𝗘𝗥𝗔́𝗠𝗢𝗦𝗩𝗢𝗦!!!!

Un saúdo

Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia

Máis información en http://www.manaia.gal/ - https://www.facebook.com/adopcionmanaia - manaia@manaia.gal - 688 927 124

Centro Don Bosco (Santiago)
Rúa de Belvís, 2, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña
https://www.google.es/maps/place//data=!4m2!3m1!1s0xd2efe48c204a111:0x12d1bc8f351c23f4?sa=X&ved=1t:8290&ictx=111

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android