17:00 hasta las 19:00
Santiago: Voltamos a China

Santiago: Voltamos a China

Continuamos en Santiago con esta actividade do "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS" que leva por título:

VOLTAMOS A CHINA

Nesta charla/coloquio contaremos con Carmen e Oscar para relatarnos a viaxe de volta a China que a súa familia, formada por eles, un rapaz de orixe chinés con 11 anos e unha nena adoptada en nacional con 6 para a que será a sua primeira vez no país, fixeron este veran. Por qué plantexaron a viaxe? Tiñan a idade axeitada? Como resultou? A través do seu relato tentaremos abordar os temas ligados a esta experiencia: a familia de orixe, a diferenza racial, o choque cultural...

DATA: 16/010/25
HORA: 17:00 - 19:00
LUGAR: Aula 3º andar. CABES. Manuel María, 6. Santiago.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 3º xoves de cada mes estaremos en Santiago.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas e acolledoras ou en espera de adopción ou acollemento, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android