20:00
FESTIVAL C · POR QUE NON CANTADES TODAS? · CANTIGAS E AGARIMOS

FESTIVAL C · POR QUE NON CANTADES TODAS? · CANTIGAS E AGARIMOS

FESTIVAL C · LETRAS · POESÍA AO SOLPOR

POR QUE NON CANTADES TODAS?

Cantareiras de Cantigas e Agarimos

Poesía Popular. Cantareiras é unha celebración do patrimonio oral galego a través da forza rítmica e emocional das voces e das mans das mulleres. No marco do Festival C e coincidindo co ano no que o Día das Letras Galegas se dedica á poesía popular como base da nosa identidade cultural, as pandeireteiras de Cantigas e Agarimos achegan un espectáculo que honra a tradición que tantas veces chegou ata nós a través da voz anónima das transmisoras: as cantareiras que gardaron na memoria colectiva os versos da terra.
Formado por once mulleres, o grupo interpreta un repertorio tradicional recollido de todas as zonas de Galicia, empregando instrumentos populares como pandeiretas, pandeiros cadrados e redondos, latas ou cunchas. A súa proposta é, ao tempo, celebración e responsabilidade: dar continuidade a unha cultura que nos define como pobo e que foi transmitida xeración tras xeración grazas ao saber e á creatividade das mulleres.
Con máis de cen anos de historia, Cantigas e Agarimos é unha referencia no folclore galego, e as súas pandeireteiras representan unha das voces máis recoñecibles e vibrantes desa herdanza inmaterial.

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/festival-c-%C2%B7-por-que-non-cantades-todas-%C2%B7-cantigas-e-agarimos
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android