19:30
SESION DE ESCOITA CON MOURAE

SESION DE ESCOITA CON MOURAE

🗓️O Venres 28 de novembro ás 19:30h terá lugar unha sesión de escoita 🐚 do EP homónimo  MOURAE「ND001」coa presenza da artista Mourae. Esta sesión será o Finissage - celebración do peche - de Visión Periférica 25.

🏹🧚 Óense voces nas profundidades dun pozo. Berros alegres e desesperados por diseminarse a través do tempo. Soan rocas tocadas por primeira vez e consolas obsoletas. Gruñidos de animais ficticios e frases fragmentadas de persoas que xa non se atopan entre nos. A través desta ensamblaxe sonora, Mourae canta para contar os seus mitos. Lendas que falan do onte e das mouras que como ela poboaron a paisaxe galega, do hoxe e as súas preocupacións e alegrías como ser encarnado e do mañá como entidade civilizadora partícipe dos momentos que están por vir. 

👂🎮Nesta sesión de escoita coa presenza da artista, Mourae presenta o seu primeiro proxecto musical e EP homónimo onde utiliza a simboloxía das mouras (seres mitolóxicos da tradición galega) como campo de xogo onde experimentar coa súa identidade e as súas propias vivencias. Reflexionando sobre o que significa a tradición, mestura estruturas musicais da cultura popular galega con samples de videoxogos e retales de gravacións de campo lanzadas automaticamente mediante machine learning. Unha homenaxe sonora construída vendo o tempo como unha incesante eternidade, como un mapa visto desde o ceo.

🗓️ 28/11, 19:30. 
✉️Sesión con inscrición previa en leirahaus@gmail.com. Prazas moi limitadas.

🟡 visión periférica: red local de exploración contravisual é o proxecto de residencias artísticas do espazo de investigación, creación artística e produción cultural LEIRA (Lugo) para 2025 e é un proxecto financiado grazas ás Ayudas INJUVE a la Creación Joven. 
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android