19:30 hasta las 20:30
Proxección de PUPA

Proxección de PUPA

Pupa é un ensaio filmico de realismo máxico construido a partir das experiencias de persoas trans e non binarias tendo como figura central Beta, recentemente operade nun proceso de reafirmación de xénero. A súa historia ábrese a outras voces, buscando crear un espazo común onde a resistencia e o coidado se entrelazan na procura dun futuro presente habitable

Antía Carreira (Lugo, 95) é cineasta, artista visual e activista. Constrúe a través do arquivo, establece unha conversa activa coa memoria propia e allea. As súas creacións oscilan entre o documental, a videoarte e a instalación. Destaca tamén o seu traballo de xestión cultural e organización de eventos, desde a colectividade, a creación de redes e a experimentación.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android