20:00
Inauguración | A Merenda (Colectivo La Mosca Ediciones)
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Inauguración d’A Merenda. Este venres ás 20h teremos a inauguración desta nova mostra que nos trae o colectivo La Mosca Ediciones Nesta merenda presentamos unha selección de proxectos nacidos do traballo colectivo e da experimentación. En La Mosca entendemos o erro como unha ferramenta de busca e aprendizaxe, e incorporámolo como parte do propio método. Os proxectos que amosamos son a evidencia desa práctica compartida, onde a autoría dilúese, as decisións mestúranse e o importante acontece no facer, na conversa e no xogo.



