19:00
Inauguración - MOSTRA | “(Corazón), con(suela), que el (mundo) (rueda)” de Jaime Remírez de Ganuza
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
MOSTRA | “(Corazón), con(suela), que el (mundo) (rueda)” de Jaime Remírez de Ganuza Jaime Remírez de Ganuza (Pamplona, 1998) que condensa nunha polifonía de obras audiovisuais e fotográficas os extractos seleccionados da conversación cun territorio concreto, San Pedro Manrique, pobo da serra soriana. Mediante a experimentación con formatos e tempos, fotográficos e videartísticos, preséntanse unhas pezas que materializan as voces e sentires recolleitos tras dialogar cun territorio percibido algunhas veces como individuo e outras como colectivo, sempre sintiente, e atravesándoo polos propios afectos e vinculacións do artista co espazo. O nome da exposición é tomado das crípticas inscricións talladas sobre unha pedra situada na fachada da casa familiar, datada de 1676, que testemuña a subsistencia das voces do territorio a través do tempo, perpetrando as súas mensaxes mediante o folclore, a contorna e os seus habitantes, elenco que é tan autor das obras expostas como o artista que asina. A exposición estará dispoñible dende o 17 de xaneiro ata o 1 de marzo de 2025.



