19:00
Exposición NICOLÁS MULLER EN GALICIA, en Lugo

Exposición NICOLÁS MULLER EN GALICIA, en Lugo

Exposición NICOLÁS MULLER EN GALICIA, en Lugo

A Sede Afundación Lugo abre as portas o 21 de outubro para recibir a mostra NICOLÁS MULLER EN GALICIA, en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Fundación Gaiás Cidade da Cultura de Galicia. Unha recuperación e revisión do traballo realizado polo fotógrafo húngaro Nicolás Muller (Hungría, 1913 – Asturias, 2000) en Galicia durante a segunda metade do século XX. Un relato que desvela a súa ollada, fondamente humanista, sobre as xentes traballadoras e a beleza das paisaxes de Galicia.

Considerado como un dos grandes fotógrafos documentais do pasado século, Nicolás Muller viaxou coa súa cámara desde o seu país natal, Hungría, ata Francia, Portugal, Marrocos e España, fuxindo da Segunda Guerra Mundial e na procura da paz e da liberdade.

 

Comisario | JOSÉ FERRERO

 

VISITA GUIADA INAGURAL 
21 OUT | 19.00 h
Apúntate

 

VISITAS GUIADAS
para público xeral

xoves 6 NOV, 4 DEC, 8 XAN, 6 FEB | 19.00 h

 

Esta mostra encádrase no programa solidario Cultura por Alimentos. Accede cunha doazón de produtos non perecedoiros para os bancos de alimentos locais.
Máis información
 

«Nicolás Muller en Galicia» ofrece unha selección de 49 imaxes, das cales 34 non foran expostas nin publicadas antes da creación desta mostra, que retratan con humanidade e proximidade as clases máis desfavorecidas. O proxecto expositivo inclúe tamén un audiovisual que contextualiza a figura do autor desde unha óptica actual, destacando a relevancia do seu traballo para achegarnos ao noso pasado e comprendernos como sociedade.

Nicolás Muller (Orosháza, Hungría, 1913 – Llanes, Asturias, 2000) é considerado un dos grandes fotógrafos documentais do  pasado século. Viaxou ao norte da península por un encargo da editorial Clave, que lle pedira a creación de instantáneas para  unha serie de libros que debían mostrar unha imaxe moderna de España. O seu obxectivo era romper o illamento do país e, ao mesmo tempo, tornalo atractivo para o turismo e o investimento estranxeiro. Con todo, as fotografías de Muller reflicten unha fonda ollada humanista, centrándose nas xentes traballadoras, as mulleres e os nenos/as.

Nicolás Muller era capaz de comunicarse coa súa cámara e de captar momentos da vida cotiá como xogos infantís, sorrisos e olladas cómplices cunha humanidade especial que foxe do espectáculo, ata nos seus retratos das clases máis desfavorecidas. Así, o discurso expositivo artéllase ao redor de cinco temas clave para entender a súa obra: o territorio, o mercado, o mar, a muller e o traballo, e o urbanismo e a modernidade.

 

DIDÁCTICA

• INFANTIL a 4º PRIMARIA | Visita conto con obradoiro STEAM e de sostibilidade | «Cantos da Maruxaina»
• 5º PRIMARIA a 2º ESO | Visita con obradoiro STEAM e de sostibilidade | «Vento mareiro»
• 3º e 4º ESO, BACHARELATO, CICLOS FORMATIVOS | Visita comentada con obradoiro opcional | «Nicolás
Muller en Galicia»

Prezo: 2 € / escolar

areaeducativalugo@afundacion.org
982 289 096
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android