Xentes, Espazos e Lugares é un programa de divulgación e formación non regrada, dirixido á cidadanía en xeral, conformado por un conxunto de charlas que teñen por obxectivo ofrecer unha visión plural e complexa dos espazos e os lugares que habitamos, tendo moi presente como se desenvolve neles a nosa vida. Organizado polo Colexio oficial de arquitectos de Galicia, dentro do convenio do ProxectoTERRA coa Xunta de Galicia, estas xornadas buscan ser un punto de encontro e reflexión no que podan estar presentes todas as persoas que teña algo que dicir sobre a complexidade do habitar no presente e no noso país.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar