17:30
Os segredos da natureza

Os segredos da natureza

A cargo de Sven Dieter Adler

Itinerario etnobotánico a cargo do arquitecto paisaxista Sven Dieter Adler no que os participantes terán un contacto directo co mundo das plantas e árbores mediante un paseo polos arredores da cidade para recoñecer distintas especies vexetais da nosa contorna, as súas propiedades e utilizacións.

Así mesmo descubrirán a importancia do deseño de xardíns e zoas verdes, e a necesidade da existencia de plans urbanísticos de espazos verdes.

Para nenos/as de 6 a 12 anos (público familiar) (15-20 prazas)

Duración: 75 minutos

Horario: 17:30 h.

Inscrición previa desde o luns anterior na sala infantil ou no teléfono 982828329

Fuente: https://bibliotecas.xunta.gal/gl/lugo/axenda/os-segredos-da-natureza-0
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android