00:00 hasta las 00:00
EXPOSICIÓN | Cartaz da XLVII Semana de Cine de de Lugo e proceso de creación (Primitivo Marcos)
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Presentación do cartaz da XLVII Semana de Cine de de Lugo 2025 O deseño de Primitivo Marcos inspírase no film “La Quimera de Oro” de Charles Chaplin, estreada fai hoxe o século -o 26 de xuño de 1925 –, que volverá nas próximas semanas ás salas de cine nunha versión restaurada. O cartaz pode verse na Biblioteca Provincial de Lugo nunha exposición que inclúe os quince deseños previos -mostra do proceso creativo ata a obra final – e bibliografías sobre Charles Chaplin dos fondos da propia biblioteca. A exposición pode verse ata comezos de xullo na entrada da biblioteca e volverá expoñerse do 22 ao 27 do mes de setembro, coindicindo coas proxeccións da Semana de Cine de Lugo.



